19 mar. 2011

"A lingua das bolboretas"

Un dos meus libros favoritos é, sen dúbida, Que me queres amor? de Manuel Rivas. Este texto que aparece a continuación pertence a un dos contos do libro, "A lingua das bolboretas", a partir da cal se fixo o filme.



"¿Qué hai, Pardal? Espero que este ano poidamos ver por fin a lingua das bolboretas".

O mestre agardaba desde había tempo que lle enviaran un microscopio aos da Instrucción pública. Tanto nos falaba de cómo se agrandaban as cousas miúdas é invisibles por aquel aparato que os nenos chegabamos a velas de verdade, como se as súas verbas entusiastas tiveran o efecto de poderosas lentes.

"A lingua da bolboreta é unha trompa enroscada como un resorte de reloxo. Se hai unha flor que a atrae, desenrólaa e métea no cáliz para zugar. Cando levades o dedo humedecido a un tarro de azucre, ¿a que sentides xa o doce na boca como se a xema fora a punta da lingua? Pois así é a lingua da bolboreta".

E entón todos tíñamos envexa das bolboretas. Que marabilla. Ir polo mundo voando, con eses traxes de festa, e parar en flores como tabernas con bocois cheos de xarope.



1 comentario:

Aida dijo...

muchas gracias guapa!